No período de entreguerras, a catástrofe que supuxo a Primeira Guerra Mundial e as dificultades da posguerra axudaron a...
No período de entreguerras, a catástrofe que supuxo a Primeira Guerra Mundial e as dificultades da posguerra axudaron a formar unha corrente de opinión contraria ao sistema democrático, ao considerar que o parlamentarismo fracasara.
A democracia e o sistema parlamentario mantivéronse en Estados Unidos e nos países europeos de maior tradición liberal, como Reino Unido e Francia.
Outros estados do centro e do sur de Europa adoptaron réximes autoritarios, de xefe único; ou totalitarios, de partido único e control social total. Os totalitarismos contaron co apoio social da clase media, descontenta polo descenso do seu nivel de vida por mor da crise; de gran capital, deseoso de deter o auxe do comunismo; de moitos excombatientes e parados descontentos; e dos sectores sociais máis conservadores. Entre eles, destacaron o fascismo en Italia; e o nazismo, en Alemania.
Os trazos dos totalitarismos.
Os partidos totalitarios controlaron o poder político e todos os ámbitos da vida das persoas. Por iso, nos países nos que accederon ao poder, implantaron:
- Un sistema político autoritario. Nel, o Estado concentrou todo o poder e exerceuno mediante un líder carismático que esixía obediencia cega: o duce(1) Mussolini, en Italia; ou o Fuhrer(2) Hitler, en Alemania. Non hai liberdades persoais, nin pluralismo político. Só un partido único, que reprime con violencia calquera oposición.
- O control económico e social. O Estado dirixía a economía e proclamouse anticapitalista e anticomunista. Ademais, controlaba a sociedade mediante a propaganda, a censura dos medios de comunicación e a educación.
-O rexeitamento da igualdade. Defenderon a superioridade dos membros do partido único sobre os demais; a dos home sobre a mulleres; e a dunhas razas sobre outras.
- O pensamento irracional. Proclamaron o fanatismo e a obediencia, reforzados con símbolos, escudos, cantos e uniformes que fomentaban a unidade dos seus seguidores.
- O ultranacionalismo. Exaltaban a grandeza da propia nación, e reclamaron territorios para lograr a súa unidade ou para dotala dun espazo vital(3) que permitise a súa supervivencia.
- O militarismo. Defenderon a forza e a guerra como instrumentos de poder, prestixio e progreso dos pobos.