Tralo descubrimento da agricultura no Neolítico, ésta foise desenvolvendo máis nalgúns lugares que noutros debido ña fertilidade da t...
Tralo descubrimento da agricultura no Neolítico, ésta foise desenvolvendo máis nalgúns lugares que noutros debido ña fertilidade da terra na que se asentaban os diferentes pobos. En aqueles lugares con terras fértiles xurdiron fortes e poboadas civilizacións que xeraron novas formas de vida ata este momento inexistentes: organización social, novos oficios, desenvolvemento do comercio e dos transportes, estructura político-administrativa e relixiosa, aparición da escritura, etc.
Estas novas civilizacións asentábanse xunto aos ríos que anualmente se desbordaban fertilizando as orillas con limos. Unha vez retirada a agua da crecida, as orillas fertilizadas eran aproveitadas para as produccións agrícolas, obténdose grandes colleitas.
Cales eran estas primeiras civilizacións que xurdiron xunto aos ríos? Que ríos eran os que xeraron a aparición destas civilizacións?
. Juanjo Romero primeiras civilizacións fluviais