Introdución A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional constitúe un recoñecemento da competencia e madu...
Introdución
A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional constitúe un recoñecemento da competencia e madureza daquelas persoas que non cumpren os requisitos académicos establecidos para cursar estes estudos. Esta proba garante o dereito das persoas ao acceso á educación e á formación ao longo da vida, co fin de aumentar a empregabilidade e fomentar a promoción e a proxección da carreira académico-profesional, logo de acadar o óptimo desenvolvemento das capacidades individuais.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.
. Para consultar toda a información actualizada sobre as probas, consulta o seguinte enlace: Información actualizada da convocatoria 2013
. A proba terá lugar o próximo 23 de maio.
.Podedes practicar pinchando no seguinte enlace: Exames anteriores
- Datas importantes Grao medio
- Celebración da proba. 23 de maio
- Publicación das cualificacións provisorias. 5 de xuño
- Reclamacións ás cualificacións provisorias. 7, 8 e 10 de xuño
- Publicación das cualificacións definitivas. 18 de xuño
- Entrega de certificados nos centros. A partir do 19 de xuño
- Recursos ás cualificacións definitivas de probas de acceso (1 mes). 19 de xuño ao 19 de xullo
- Resolución administrativa Do 19 de xuño ao 27 de setembro de 2013