O crecimento das cidades debeuse a varios motivos. Por un lado, as novas técnicas agrícolas fixeron menos necesaria a man ...
O crecimento das cidades debeuse a varios motivos. Por un lado, as novas técnicas agrícolas fixeron menos necesaria a man de obra dos campesiños, e moitos tiveron que emigrar ás cidades para buscar traballo. Ademáis, o comercio reactivouse e moitos mercaderes instaláronse de forma permanente nas cidades, nas que tiñan lugar os mercados. Os campesiños dos alrededores iban unha vez por semana á cidade a vender os seus produtos, e a mercar outros que necesitaban. Algunhas cidades convertéronse en importantes centros do comercio rexional e incluso internacional. As cidades ofrecían mellores condicións de vida, porque non estaban baixo o control dos señores feudais e todos os seus habitantes eran libres. Cada cidade tiña o seu propio goberno, o Concello, que estaba dirixido por un alcalde. Moitos campesiños emigraron tamén ás cidades escapando da servidume e en busca de maior liberdade.
. Unidade adaptada Renacer urbano de Europa