Qué é o PCPI

Este curso comezaremos por coñecer qué é un Programa de Cualificación Profesional Inicial:qué obxectivos pretende, qué módulos comprende,...


Este curso comezaremos por coñecer qué é un Programa de Cualificación Profesional Inicial:qué obxectivos pretende, qué módulos comprende, o seu horario, etc.
Lexislación


Os programas de cualificación profesional inicial terán unha duración de dous cursos académicos e ofreceranse en réximes e modalidades diferentes, co fin de satisfacer as necesidades persoais, sociais e educativas do alumnado.

Os programas de cualificación profesional inicial terán unha estrutura modular e incluirán os seguintes tipos de módulos:

a) Módulos obrigatorios. teñen por obxecto cualificar o alumnado destas ensinanzas para o desempeño da actividade profesional correspondente e o acceso aos ciclos formativos de grao medio. Os módulos obrigatorios serán de dous tipos:

Módulos específicos profesionais, que son módulos profesionais dirixidos a que o alumnado adquira e desenvolva as competencias profesionais establecidas nas unidades de competencia incluídas no perfil profesional do programa.

Módulos formativos de carácter xeral, orientados ao desenvolvemento das competencias básicas que posibiliten cursar con éxito un ciclo formativo de grao medio.

b) Módulos voluntarios, que son módulos formativos que teñen por obxecto complementar a formación necesaria para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

c) Todos os programas de cualificación profesional inicial incluirán un módulo profesional de formación en centros de traballo, que terá unha duración mínima de 160 horas.

 Os currículos dos módulos profesionais dos respectivos perfís profesionais que se establezan desenvolveranse por medio de resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e deberán indicar:

a) Identificación do perfil profesional.

b) Competencia xeral.

c) Competencias profesionais, persoais e sociais.

d) Cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas.

e) Contorno profesional.

f) Resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación, contidos, orientacións pedagóxicas e carga horaria para cada un dos módulos profesionais.

 A carga horaria prevista para a totalidade dos módulos profesionais, incluído o de formación en centros de traballo, será, como mínimo, de 580 horas.

- Módulos formativos de carácter xeral.

1. Os módulos formativos de carácter xeral serán impartidos nos dous cursos académicos de que consta o programa e organizaranse en tres ámbitos de coñecemento, coa correspondencia que se establece no anexo III desta orde: ámbitode comunicación, ámbito social e ámbito científico-tecnolóxico.

2. Os módulos formativos de carácter xeral do primeiro curso teñen por obxecto contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas e favorecer a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral. Son os seguintes:

a) Módulo de competencia comunicativa e dixital I: contribúe a desenvolver o hábito de lectura e a comprensión e expresión oral e escrita nas linguas galega e castelá, así como as capacidades de procura e tratamento da información, mediante o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación.

b) Módulo de sociedade e cidadanía I: contribúe ao coñecemento do mundo actual, da sociedade e da súa organización, así como dos dereitos e dos deberes da cidadanía.

c) Módulo científico-matemático I: contribúe á interpretación da realidade mediante a identificación e a resolución de problemas habituais na interacción co contorno.

d) Módulo de iniciativa persoal e relacións laborais: contribúe ao desenvolvemento da autonomía persoal, o coñecemento dos dereitos e as obrigas das relacións laborais, a hixiene e a prevención de riscos, así como ao fomento do espírito emprendedor e da necesidade de aprender ao longo da vida. 


Distribución horaria 

Distribución horaria semanal dos módulos no réxime ordinario o primeiro curso:

- 1.º Competencia comunicativa e dixital I. 4 h

- 1.º Sociedade e cidadanía I. 3h

- 1.º Científico-matemático I. 4h

- 1.º Iniciativa persoal e relacións laborais. 2h

- 1.º titoría e orientación. 1h

- 1.º Formación en centros de traballo. -h






Iniciativa persoal e relacións laborais.

Obxectivos

● Desenvolver as capacidades persoais que faciliten planificar un proxecto persoal e profesional.

● Desenvolver actitudes, hábitos e estratexias que faciliten a procura dun emprego acorde coas aptitudes e cos intereses propios.

● Valorar a necesidade da motivación, da autoestima e da formación ao longo de toda a vida.

● Coñecer as opcións de orientación do mundo laboral, as fontes de emprego e as súas condicións.

● Coñecer as características do mundo laboral, asumindo as

condicións da vida activa e a relación entre a formación e os requisitos profesionais.

● Coñecer o marco legal que regula as relacións laborais.

● Coñecer e valorar os hábitos de seguridade e hixiene no traballo, e asumir a responsabilidade persoal.

● Tomar conciencia da importancia dunha cultura emprendedora.

Contidos

● Proxecto persoal e profesional. Significado e valor do traballo.

● Hábitos e actitudes responsables no posto de traballo: traballo ben feito, colaboración e esforzo persoal, e planificación de tarefas.

● Formación ao longo da vida.

● Procura activa de emprego:

– Fontes de orientación e información.

– Currículo e carta de presentación.

– Entrevista de traballo.

● Relacións laborais:

– Contrato de traballo.

– Recibo de salario.

– Ordenación do tempo de traballo.

– Clasificación profesional.

– Principais vicisitudes do contrato.

● Prevención de riscos laborais.

● Cultura emprendedora. traballo autónomo. Cooperativas de traballo asociado.


COMMENTS

Nombre

¿ Por qué elegir Cultura Clásica? "La muerte y la doncella" 1º ESO 25 de novembro... 2º eso 2º ESO España física e política 2º ESO Repaso á Historia 3º Historia de Grecia 3º ESO 3º y 4º ESO 4º ESO A poboación A actividade económica A arte gótica A Constitución de 1812 A Constitución española 1978 a Ética e a moral A Ética e a Paz A Europa do Barroco A Europa do século XVII e XVIII A Europa Feudal A Globalización A guerra fría A Hidrosfera A Historia de Grecia A Historia do mundo en dúas horas A Idade Moderna A Idade Moderna: O Antigo Réxime A Inmigración A máquina do tempo A muller no mundo antigo A nosa historia en dous minutos A poboación A Prehistoria A Primeira Guerra Mundial A revolución francesa e o Imperio de napoleón A Revolución Industrial A revolución Rusa A segunda guerra mundial A segunda Revolución Industrial e O Imperialismo A terra A Unión europea A vida diaria en Atenas A violencia entre os xóvenes Accidentes laborales África física e política Ámbito lingüístico e social PDC Arte do Barroco Arte griego Arte Románica Arte Romano As cidades na Antigüidade As pirámides de poboación Asia Física Carta de presentación Carthago Nova Ciberacoso Cine y mundo laboral Comentarios Textos históricos conflictos políticos y armados. "La llave de Sarah". Ed. Ético-Cívica Cultura Clásica Cultura Clásica 4º Cultura Clásica A Grecia antigua Cultura de la paz Curriculum Vitae Curriculum Vitae y carta de presentación Deporte y violencia Dereitos humanos Despedida curso 2012-2013 Día internacional da muller Día Universal del niño Dictadura franquista e comezo da democracia Dilemas morales Discapacidad y superación Documentos TV: La última foto Donde conseguir empleo Ed. Ético Cívica Ed. Ético-Cívica Ejercicios de comprensión lectora El contrato de Trabajo El derecho a la intimidad." El sohw de Truman" El ejército y la guerra El Método el primer trabajo El verdadero precio del Made in... Eleccións Parlamento Europeo 2014 Emotivo anuncio que revoluciona internet Emtrevista de trabajo Es lo mismo pero … con diferentes palabras España século XIX Espartaco Ética y Moral Europa física e política Europa política Exames acceso Ciclo Formativo Grao Medio Exercicios coordenadas xeográficas Feudalismo Galicia Gladiator y la historia de Roma Gran Torino Guía sociolaboral Habilidades socio-laorales Hispania romana Historia da enerxía I. I. P. e Relacións Laborais I.P. e Relacións laborais PCPI Idade Media Idade Moderna Imperialismo e 1ª Guerra Mundial Imperio Carolinxio India recuerda su mayor tragedia industrial: el desastre de Bhopal índice da materia La entrevista de trabajo La Ética es algo humano La Ola La paz la construimos todos Lexislación PCPI Leyendo la prensa Liberalismo e Nacionaismo LLoviendo piedras LOMCE Los bancos de alimentos Los rostros de la no violencia Malala Yousafzai obtiene el Premio Sájarov a la Libertad de Conciencia de la Eurocámara mapas de tempo mapas físicos mapas físicos miniproba Mapas Galicia Física e política Mapas políticos Mitología morfología lengua castellana Movemento obreiro Noticias e curiosidades Nubes da paz O cambio de século: As bases do mundo actual O Clima O comezo da Idade Media O futuro do que comemos O Imperio bizantino O Islam O mundo das drogas O Neolítico o período de entreguerras O relevo O renacer urbano de Europa O sector primario O sector secundario O sector terciario O sistema solar Organización política do Estado Orientación Os medios de comunicación Os muiños de marea Os recursos naturais Os reinos cristiáns Os reinos cristiáns e a Baixa Idade Media P. e Relacións laborais PCPI Paz: "La vida es bella" PDC Perfiles profesionales Poboación urbana Poder dos medios de comunicación Precaución y medidas preventivas Primeiras civilizacións: Exipto e Mesopotamia Qué é o PCPI Racismo Recursos Humanos Reforma laboral Repaso Idade Media e Moderna Restauración Revolución Francesa revolución industrial e movemento obreiro Roma Salud y seguridad en el trabajo salud y trabajo Segunda República e Guerra Civil seguridad laboral Temporais xaneiro 2014 TITORÍA 4º ESO Trabajos Cultura Clásica 4º ESO Traxedia en Lampedusa Trescientos Troya Últimas noticias examen acceso Ciclos Formativos Grado medio Un mito griego...en cómic Vida cotiá dos romanos Vida cotidiana en Grecia e Roma Vídeo excelente sobre o Planeta Terra violencia visita virtual Roma Antigua xeografía económica Xogos de xeografía
false
ltr
item
Ciencias Sociais: Qué é o PCPI
Qué é o PCPI
http://web.educastur.princast.es/ies/norena/portal/images/electricidad/enlaces/oficiales/pcpi.jpg
Ciencias Sociais
http://ahistoriadonosomundo.blogspot.com/2012/09/que-e-o-pcpi.html
http://ahistoriadonosomundo.blogspot.com/
http://ahistoriadonosomundo.blogspot.com/
http://ahistoriadonosomundo.blogspot.com/2012/09/que-e-o-pcpi.html
true
4717338949314491577
UTF-8
Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS CONTENT IS PREMIUM Please share to unlock Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy